Continuamos tratando de crear hábitos saudables consistentes de cara ó inverno, que parece que non quere vir, e imos xa cara o terceiro paso. Lembra que che estou a facer un resumo de ideas que plasma James Clear en “Hábitos atómicos”, lectura plenamente recomendable.
Como che foi cos primeiros dous pasos? Eu estouche a poñer o exemplo de incluír unha horiña de rodillo na casa pensando no mal tempo pero xa sabes que podes extrapolar o que aquí falemos a calquera outra rutina que che interese incorporar ó teu día a día… Atopaches o xeito de facelo evidente? E de facelo atractivo? Atopaches esa rutina que che aporte as sinerxias necesarias para non perder adherencia á túa hora de rodillo?
Si a resposta é afirmativa imos a polo terceiro peldaño: facelo doado!
Para facer doado o noso novo hábito o que temos que facer neste paso é eliminar as posibles friccións que nos dificultan repetilo diariamente. É doado de explicar: coller a bici, montar o rodillo, ir pola roupa, poñer as zapatillas… onde c… deixei o Garmin?... iso son friccións.
Se miras unha das imaxes que usan os comerciais de marcas de rodillos e softwares de adestramento como a que acompaña estas liñas poida que che veña a risa. Claro, é certo que a todos nos gustaría ter un amplo salón onde poder adicar uns metros a montar o rodillo intelixente diante dun gran plasma. Pero a bo seguro non vives soa nin só e poida que teñas pouco espazo e mesmo teñas o teu rodillo no garaxe ou nun galpón.
Non te preocupes, isto é A NAVALLA DE BOTIS e plantexamos cousas sinxelas e sen fliparnos. Ti so pensa, dentro das túas circunstancias, canto tempo adicas a sacar o rodillo do armario, colocar a bici, poñer a roupa, ir polas zapatillas… jo…! a toalla! A que se che están quitando as ganas de rodillo so con ler estas liñas?
Igual na túa casa non podes deixar todo listo, ou si… antes de ir traballar. Colocar o rodillo, a bici, a roupa e as zapatillas (ou deixar lista algunha cousa do día anterior pola noite) e así facer que cando chegues de volta a casa teñas un “letreiro luminoso” anunciando que agora si! vas acadar o que te propoñas! Estás a facer un gran traballo! Dígoche máis, é probable que xa marches pola mañán con esa sensación agradable e poida que este pequeno hábito cada mañán comece a facer todo o teu día un pouco máis doado.
Poida que esteas a traballar noutra rutina que non sexa a do rodillo, pois ben, tal como che digo o que che conto nestas liñas é aplicable a calquera outra tarefa. Quédate coa idea de eliminar friccións, todos eses pequenos freos que che manteñen afastado do teu propósito. Algún serán inevitables, pero abofé que has poder con moitos outros.
Anímate a probar e seguimos no seguinte fascículo!
Lémonos aquí e saudámonos na estrada!
Podes contactarme en:
●bts.rendementosaudable@gmail.com
Podes unirte a:
0 Comentarios
Gracias por su comentario